Paraísos Baixo o Lixo

Proxectos de recuperación do patrimonio cultural

Recuperación do patrimonio cultural

En que consisten os proxectos de recuperación de Patrimonio Cultural?​

Estes proxectos integrais constan de unha fase inicial de inventariado de elementos do patrimonio etnográfico, de procuras nos arquivos históricos e da recompilación do patrimonio inmaterial asociado mediante entrevistas ás persoas maiores.

Un obxectivo desta fase é promover a autoestima das persoas entrevistadas e que sintan que cos traballos preténdese homenaxealos, fomentando unha actitude de gratitude polos esforzos das xeracións pasadas.

Tras esas primeiras fases, os proxectos teñen unha fase con propostas de posta en valor deste patrimonio, como a recuperación de antigos carreiros que conecten o patrimonio etnolóxico e arqueolóxico, á vez que sirvan como alternativas de mobilidade peonil para a cidadanía e os visitantes.

Os nosos labores de recuperación de Patrimonio Cultural

Debido a que contamos cun equipo interdisciplinar, podemos realizar tamén os proxectos de obra das actuacións de acondicionamento de carreiros e da consolidación de ruínas ou reconstrución dalgún dos elementos.

Tamén se ofrece aos concellos un servizo de intermediación xurídica para asinar os documentos de cesión cos propietarios dos muíños e das parcelas polas que se proxecten os carreiros.

Durante o desenvolvemento de todos os proxectos organízanse actividades para implicar á comunidade educativa en particular e a cidadanía en xeral.

Para contratar estes servicios escribe ao mail info@paraisosbaixolixo.com ou chama ao 680 718 952.