En este curso escolar continuamos coas actividades de recuperación do bosque autóctono, esta vez co alumnado do IES de Chapela e no monte comunal desta parroquia, que cedeu esta gran parcela para obter un futuro parque forestal en Chapela, que sirva de zona de esparcemento para a cidadanía e como lugar de entrenamentos out door. Esta zona é privilexiada pola súa proximidade ao campo de fútbol de Chapela, polas súas vistas panorámicas da ría e tamén por que está ao lao do nacemento do río Pugariño. Río que desemboca na praia de Arealonga e atesoura uns impactantes muiños con acueductos e cubos de pozo momumentais. Cada árbore prantada está marcado co nome do estudantado que o prantou, para que a xente respete o esforzo do alumnado e que cando medren poidan pasear por alí e sentirse fachedosos ao dicir: “eu prantei esta árbore”, por iso pedimos a colaboración cidadá para coidar este espazo.
Estas actividades son fundamentais para acadar que a chavalada sexa quen de diferenciar as nosas árbores de ribeira, as nosas froiteiras e outras árbores autóctonas. Tamén buscamos que a través do esforzo indiviudal e grupal do alumnado se vinculen de xeito máis profundo cos nosos bosques e participe do seu coidado no futuro.
Queremos facer aquí un especial recoñecemento á Comunidade de Montes de Chapela, que autorizou a plantación no seu terreo onde antes había eucaliptos e acacias. Tamén agradecemos a colaboración do Concello de Redondela, que aportou as 100 árbores para poder levar a cabo esta actividade de educación ambiental.
Achegamos a continuación os enlaces das noticias dos medios que se fixeron eco da actividade: